Nova andaina

Esperamos que este blog sexa do voso agrado e que o disfrutedes.

sábado, 5 de abril de 2025

Concurso de marcapáxinas do EDLG


Co gallo da conmemoración do Día das Artes Galegas, dedicado neste 2025 ao pintor, ceramista, intelectual... Isaac Díaz Pardo, o EDLG do CPI de Pontecesures convoca un concurso de marcapáxinas conforme as seguintes 

BASES:

1. Pode participar calquera alumno ou alumna do CPI de Pontecesures.

2. Os traballos presentados terán como temática a vida ou a obra de Isaac Díaz Pardo.

3. O marcapáxinas debe ser rectangular e posuír un formato aproximado de 1:3 (a recomendación é realizar a composición nun A4 partido á metade, de xeito que ocupe 105 mm x 297 mm).

4. A técnica é libre (lapis, ceras, acuarela, témpera, colaxe...) sempre que se trate dunha técnica manual (non serán admitidos os traballos elaborados por computador nin fotografías).

5. A persoa que presenta o traballo debe indicar o seu nome e o curso ao que pertence na parte posterior do traballo.

6. O último día para entregar os traballos é o 23 de abril de 2025, Día do Libro.

7. A entrega pode realizarse a través do titor ou da titora, do profesor ou da profesora da materia correspondente ou directamente, en persoa, ao coordinador do EDLG.

viernes, 4 de abril de 2025

Visita de Antonio M. Fraga

 Hoxe os alumnos dos clubs de lectura de 5º e 6º e os seus compañeiros de aula tiveron o pracer de coñecer ao autor dun dos libros que leron este ano "Como escorrentar un lobo".

Antonio M. non é a primeira vez que ven ao noso colexio, pero si é a primeira que coñece aos alumnos de 5º e 6º.

Durante 1 hora estiveron conversando sobre o libro, primeiro fíxolle unha pequena presentación e logo e falaron de todas as inquedanzas que lles supuxo a súa lectura. 

Visita de Antonio M. Fraga

jueves, 3 de abril de 2025

Prevención do acoso escolar

 A pasada semana o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º cursos de Primaria asistiu a unha charla expositiva e participativa arredor da Prevención do Acoso Escolar organizada polo Equipo de Orientación do noso Centro.
Carla, psicóloga da Fundación Amigos de Galicia de Vilagarcía de Arousa, conduciunos ao longo das tres actividades.

A primeira dinámica consistiu en identificar a persoa acosada cun papel. A partir dese punto, insultárono, dixéronlle cousas desagradables, chamáronlle nomes... todo co obxectivo de ferir a persoa que o papel representa, mentres o enrugaron ata facer con el unha bóla. Despois, como para desfacer o mal que lle fixeron, adícaronlle bonitas palabras, alisárono con moito cariño... pero comprobaron que o papel nunca recupera a forma inicial, do mesmo xeito que o ánimo da persoa acosada nunca sana completamente do dano que lle fan, sempre lle queda algunha enruga.

 A segunda dinámica consistiu en escribir sobre eles mesmos, que lles gusta deles, e facer un debuxo sobre eles.

 Na terceira, reflexionaron sobre cal foi a súa vivencia co acoso, en relación a se presenciaron ou realizaron acoso a outras persoas e como viviron esa experiencia.

 

Prevención do acoso escolar

sábado, 29 de marzo de 2025

Semana de intercambio

Este ano un grupo de alumnos do Ensemble Scolaire Saint-Joseph de Maringues (Francia) devólvennos a visita.

Xunto co noso centro, nesta frúctifera experiencia, participa o CPI Alfonso VII de Caldas de Reis.

Durante unha semana os alumnos galos tiveron a gran sorte de coñecer lugares emblemáticos desta zona de Galicia e da súa cultura e gastronomía e quedaron abraidados pola experiencia.

Estiveron na Coruña, en Cuntis, no Castro de Castrolandin, na Lanzada e en Santiago.

Gracias a Luisa e Francine por facer posible este tipo de intercambios que son unha gran experiencia para os alumnos implicados.


Intercambio 2025

viernes, 28 de marzo de 2025

Brazolinda na biblioteca

Hoxe na biblioteca do cole os alumnos de Infantil de 4 e 5 anos de 1º e 2º de Primaria disfrutaron dunha xornada de xogos educativos da man de BRAZOLINDA.

Brazolinda

miércoles, 26 de marzo de 2025

Día da árbore

 O  Concello de Pontecesures, en colaboración con Medio Rural e coa participación dos alumnos do cole, desenvolveron unha actividade de plantación de especies autóctonas no entorno do mirador do Galiñeiro.

Os alumnos de 5º e 6º estiveron acompañados dos seu profesores e da Concelleira de Medio Ambiente na plantación de 100 árbores co a poio de axentes e membros de brigadas forestais.

A actividade ten como obxectivo concienciar aos nenos na necesaria proteción do noso entorno e do medio ambiente e favorecer o contacto dos máis novos co entorno natural máis próximo.

Día da árbore 2025

lunes, 24 de marzo de 2025

Teatro de oratoria

 O pasado venres 21 de marzo o alumnado de Oratoria de 3º de ESO actuou ante os seus compañeiros de curso coa optativa de Francés na Biblioteca, poñendo en escena a adaptación teatral que eles mesmos fixeron de dous mitos gregos:  "O mito de Prometeo" e "A caixa de Pandora".

As deficiencias técnicas dos altofalantes e os continuos peches e aberturas do pano desluciron un pouco a representación, mais a naturalidade e simpatía do reducido elenco, por unha banda, e, por outra, a atención e comprensión do público, fixeron pasar a todos, incluído o profesorado, un rato moi agradable, o cal rematou cunha "pelexa de galos" bailongos entre Héctor e Amine.

Grazas a todos, especialmente a Hiwot, alumna que soubo lidiar en tódolos ensaios e clases cos seus movidos compañeiros de repartoe materia: Amine, Francisco, Héctor e Marcos.

Teatro de oratoria